Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Torres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Torres. Amosar todas as publicacións

5 de xullo de 2024

15 de marzo de 2024

Intervención da CIG 
Xunta xeral de accionistas 2024

Quenda de intervencións Xunta Xeral de Accionistas BBVA 2024

Neste ano 2024, a CIG volveu intervir na xeral de accionistas do BBVA para facerlles escoitar a vosa/nosa voz. Semella que co masivo seguimento da folga do día 29 en deberían xa coñecer o estado do persoal do banco, o clima laboral existente, e as problemáticas cotiás, pero cremos necesario reiterarllo.

Se a dirección do banco pensaba que o motivo só foi pola negociación do convenio colectivo, fixémoslles saber do descontento, desánimo, esgotamento e fartura do cadro de persoal, do que son directamente responsables.

31 de maio de 2023

Circular conxunta sobre a xuntanza do 30 de maio

RLPT no BBVA

Como vos anunciamos, o mércores 30 de maio tivemos a totalidade da Representación Legal das Persoas Traballadoras (RLPT) en BBVA a tan agardada xuntanza co Banco relativa á oferta conxunta sobre as melloras nas condicións dos préstamos para empregad@s, ante a preocupante situación do persoal de BBVA afectado pola evolución dos tipos de xuro.

Unha vez máis, BBVA perdeu a oportunidade de amosar que coida ao seu Persoal. NEGOCIO quere seguir facendo NEGOCIO con nós. NIN SEQUERA SE DIGNARON A PRESENTARNOS UNHA CONTRAOFERTA, tan só un NON A TODO.

17 de marzo de 2023

6 de abril de 2022

Comezaremos un proceso de mobilizacións para demandar unha actualización salarial

O cada día nos custa máis caro. Suba salarial total desde o 2018 do 1,25 % e recortes nos complementos.

Se os salarios subisen na mesma porcentaxe que os obxectivos e a carga de traballo, o cal sería lóxico para facernos partícipes do incremento brutal da produtividade, o escenario sería outro. Non estamos ante un problema de inflación, o problema é que pretenden que non suban os salarios. A crise provocada pola guerra, coma sempre, pagámola os e as de abaixo.

18 de marzo de 2022

22 de abril de 2021

As contas non dan

ERE—BBVA · Ⅱ reunión período informal

Non ao ERE no BBVA

Na reunión de hoxe, a Consultora Global de Investimento, presentou o Informe Técnico que se facilitará á Representación Sindical, e que é un avance da información que sustenta e motiva legalmente o Expediente de Regulación de Emprego. Baséase na escusa da dixitalización e da perda de beneficios como causas principais, así como en datos sectoriais moi negativos.

A xuntanza rematou cos datos de persoas afectadas en todo o Estado español, e a previsión de peches de oficinas. Datos que, nun alarde de transparencia–estratexia, o Banco xa trasladou ao persoal nun correo xeral. O ERE afectará a 3.798 traballadores e traballadoras de BBVA. Non presentan axustes para BEC nin para Consumer Finance.

24 de febreiro de 2021

A filtración era previsible… É a estratexia do banco

Francisco González e Carlos Torres

A CIG é consciente de que a filtración á prensa do suposto impacto do ERE, forma parte da estratexia por parte do BBVA.

Queren amedrentar ao cadro de persoal, para que se vaia facendo a idea e busque unha saída individual, que por outros procesos sabemos que non existe.

13 de marzo de 2020

10 de marzo de 2020

Xunta Xeral de Accionistas 2020

Como en anos anteriores, a CIG acudirá a do BBVA, en representación tanto da sección sindical como das compañeiras e compañeiros que nos delegaron o seu voto.

O venres 13 de marzo, trasladarésmoslle ao Consello de Administración e resto do accionariado da Entidade, a nosa visión a respecto da problemática laboral que sufrimos a cotío nos nosos postos de traballo, ademais da visión sobre a situación da Entidade derivada do proceso xudicial aberto.

25 de febreiro de 2020

A Inspección de Traballo require ao BBVA polas denuncias da CIG sobre o Pool de baixo desempeño

Desde o ano 2018, esta Sección Sindical veu formulando denuncias contra o BBVA perante as Inspeccións de Traballo das catro provincias galegas, polo coñecido como Pool de Baixo Desempeño e a colección de desmáns, abusos e illegalidades cometidos contra o persoal que o Banco ía metendo nesta listaxe negra (ver comunicado de data 2-11-18)

Mantivemos distintas reunións, tanto na IT da Coruña como na de Madrid a onde finalmente o asunto foi trasladado por entenderse de ámbito estatal. En , o 12-11-19, tivemos a oportunidade de explicarlle ao inspector que é o POOL, e como o Banco o usa como ferramenta de terrorismo psicolóxico co persoal. Co que xa está dentro e co que está fóra por medo a entrar. Tivemos a inestimábel axuda de compañeiras e compañeiros da Rede de Oficinas de Galiza que, dentro das nosas visitas, nos contaron os seus casos e entregaron diversa documentación, na que podía comprobarse que o abuso e a arbitrariedade eran notorias. Incluso unha compañeira prestouse a facer un escrito describindo os 4 anos que levaba no Pool para entregalo en Madrid, e así o fixemos.

Queremos salientar expresamente a colaboración destas compañeiras e compañeiros. Esta vitoria é sobre todo vosa. Xente valente, de cara e sen medo a poñer freo a esta inxustiza.

Porque hai escasos días o Organismo Estatal da Inspección de Traballo veu de contestar a estas denuncias da CIG e deunos a razón, obrigando ao BBVA a que no prazo de 3 meses avalie as condicións de carácter psicosocial das traballadoras e traballadores adscritos ao Pool de Baixo Desempeño ou en Seguimento (data saída do oficio 05-02-20). Estaremos vixiantes do cumprimento polo Banco deste requirimento.

12 de decembro de 2019

Plan de pensións empregados/as BBVA Vs Plan de pensións directivos BBVA

Agora que estamos en plena campaña de colocación de á clientela, e ao fío do que está pasando no sector bancario en xeral e nomeadamente na «City londinense», queremos lembrar a situación de desigualdade desproporcionada que vivimos no BBVA.

Achega plan de pensións empregados/as: 450 euros/ano
Achega plan de pensións (2019): 1.642.000 millóns
Achega plan de pensións Carlos Torres (2016–2018): 5 millóns Dereitos acumulados Carlos Torres: 18.600.000 millóns
Dereitos pensións : 79.000.000 millóns de euros

No resto do sector financeiro, as maiores entidades teñen pactado, para os traballadores/as, achegas moi superiores aos 450 euros/ano.

Francisco González e Carlos Torres

Na City de Londres os accionistas están facendo presión e conseguindo rebaixas nos compromisos por pensións dos directivos bancarios, para adecualos á media das achegas dos plans dos traballadores e traballadoras (do 10 ao 14%). 

15 de marzo de 2019

18 de xaneiro de 2019

Esiximos ceses e demandamos do Goberno e dos Organismos reguladores unha actuación inmediata

Ante a gravidade dos feitos do escándalo que estamos vivindo, decidimos manter a máxima cautela, toda vez que ademais os focos, con razón, están centrados hoxe na Entidade na que traballamos. Por iso até este momento a CIG mantivo silencio, por responsabilidade, e se rachamos hoxe a cautela, é despois de que a alta Dirección do BBVA se dirixise ao cadro de persoal, nun que non compartimos.

Dende a CIG creemos que a única investigación válida será aquela que se poida realizar por parte da xustiza, das forzas de seguridade do Estado, dos Organismos reguladores e do Goberno, malia que dado o tempo transcorrido será moi difícil. En todo caso instamos ao Goberno do Estado e aos organismos reguladores a actuar coa máxima contundencia e axilidade.

Entendemos que de xeito cautelar deben cesar no seu posto todas e cada unha das persoas que tiveron responsabilidade na alta Dirección do BBVA durante os anos nos que supostamente se adoptaron medidas, que responsables políticos cualifican como «mafiosas». Hai que eliminar de raíz calquera dúbida ou sospeita que afecte á confianza no BBVA. A estabilidade da empresa e os postos de traballo están moi por riba de intereses persoais e personalistas.